Arte Mural

Descrición da actividade:

Queres participar nun gran mural artístico? Ven, pinta e crea: deixa a túa pegada nesta proposta de arte mural colectiva. Só precisas gañas de colaborar, pintar e divertirte.

Neste obradoiro, da man da cooperativa Cestola na Cachola, crearemos un deseño que aportará cor e arte á contorna, achegando xs participantes ás técnicas de composición e tradución do papel ao muro, o tratamento das cores pigmentos e a súa aplicación para a creación de luces.

Dirixido a: Toda persoa con inquedanzas artísticas, a partires dos 16 anos.

Qué precisas: as túas gañas de crear.

Facilitadores:
Xoana Almar e Miguel Peralta traballan xuntos no marco da pintura combinando a creación individual coa conxunta. En 2013 constituíron a cooperativa galega Cestola na Cachola, onde desenvolven a parte artística: murais, estampación, ilustración de contos, carteis, pinturas, serigrafías.

Con unha ampla experiencia como muralistas participaron en diversos festivais e proxectos de arte urbana como DesOrdes Creativas 2013, Rexenera fest 2015, Murais en la Ribeira Sacra 2015 e diferentes exposicións propias e colectivas.

Máis info: http://www.cestolanacachola.org/

  • Datas:13, 14, 20 e 21 de Maio
  • Horario:de 11 a 14 e de 16 a 19 horas
  • Lugar:zona do anfiteatro (ver mapa)
  • Actividade:en grupo, gratuita
  • Participantes:20
  • Claves:arte, imaxinación, crear

  • En caso de choiva, instalaranse unhos toldos para a realización da actividade.

Outras actividades: