Vestindo árbores

Descrición da actividade:

Fíos, teas e las de cores que se entrecruzan, debuxan e poden vestir a contorna. Convidámoste a vestir as árbores do parque de forma artística, visibilizándoas e resignificando a súa beleza.
Dúas xornadas nas que partillar coñecemento, onde os límites entre arte e natureza difumínanse e nas que desfrutar do parque e do día de forma distinta. Ven a vestir árbores ao parque, a rir e a coñecer xente.

Dirixido a: toda persoa con inquedanzas artísticas, con gusto por crear coas mans, sexa calcetar, bordar, ganchillar, crear. Sen límite de idade.

Qué precisas: trae a túa lá, agullas e calquera tecido vello que atopes na casa.

Facilitadores: colectivo Loairas

  • Datas:13 e 14 de Maio
  • Horario:de 12 a 14 horas
  • Lugar:zona de arbolado (ver mapa)
  • Actividade:en grupo, gratuita
  • Claves:arte, imaxinación, crear, compartir, natureza, reflexión

Outras actividades: