Resiliencia arbórea

Descrición da actividade:

Es consciente do número de árbores que son talladas ao ano? Visibilicemos esta talla dun xeito artístico: sinalaremos con cores e de forma estética cada un dos troncos das árbores cortadas. Faremos un percorrido consciente polo parque para manifestar a conexión entre as árbores e as persoas. Reconectaremos con elas.

Empregaremos a arte coma ferramenta de denuncia e resposta social, colectiva e colaborativa. Transformaremos as árbores talladas en lenzos para, pintando sobre elas, sinalar, dignificar, realzar e revivilas.

Dirixido a: toda persoa con inquedanzas artísticas, grandes e cativos. Sen límite de idade.

Qué precisas: se o desexas podes traer os teus pinceis e as tuas gañas de crear.

Facilitadores: colectivo Loairas

  • Datas:13 de Maio
  • Horario:de 16 a 19 horas
  • Lugar:zonas de arbolado (ver mapa)
  • Actividade:en grupo, gratuita
  • Participantes:15
  • Claves:arte, imaxinación, crear, compartir, natureza, reflexión

Outras actividades: