Estruturas de vimbio vivo

Descrición da actividade:

Son o cemento, o ladrillo, o pvc... os únicos materiais de construción? Todo o que construímos debe ser permanente, definitivo e estático? Atréveste a construír unha estrutura viva coas tuas mans?

Aprende a construír estruturas de vimbio, tecéndoo, empregándoo como material estructural, vivo e duradeiro. Crearemos de xeito colaborativo unha estrutura viva, cambiante, que medrará e florecerá, realizada como un túnel natural.

Buscamos potenciar a creatividade a través da construción, á vez que reflexionamos sobre ela. Estas construccións vivas canalizan novas ideas sobre o emprego do espazo público e a participación social, conectando cidade e natureza. Unha forma distinta de adaptarse ás necesidades da contorna, construídas con materiais naturais, de forma colectiva e coa posibilidade de construírse case en calquera lugar.

Dirixido a: toda persoa interesada en aprender a construir con materiais naturais. Non son precisos coñecementos previos. A partires de 16 anos, aínda que @s menores terán que vir acompañad@s dun/ha adult@.

Qué precisas: trae as tuas luvas de traballo e gañas de construir.

Facilitadores: Marta Salgado, arquitecta técnica e arquitecta de interiores, membro de ESPIGA, Asoc. Galega para a Bioconstrucción.

Máis info: https://arqtesania.wordpress.com/

  • Datas:14 de Maio
  • Horario:de 16 a 20 horas
  • Lugar:camiño dentro do parque (ver mapa)
  • Actividade:en grupo, gratuita
  • Participantes:15
  • Claves:arte, imaxinación, crear, compartir, natureza, reflexión

  • En caso de choiva, instalaranse unhos toldos para a realización da actividade.

Outras actividades: