Compostaxe e hortas en espiral

Descrición da actividade:

Que facer cos residuos orgánicos que xeras en casa? Por que non empregas ese pequeno espazo do teu balcón ou terraza para cultivar? Opcións ecolóxicas, sinxelas e revolucionarias.

Aprenderás como transformar os teus residuos orgánicos en fertilizante natural para que a túa horta ou xardín urbano florezan de maneira sustentable. Tamén descubrirás como poñer en marcha unha horta en espiral de herbas medicinais e aromáticas de forma sinxela.

Dirixido a: todas aquelas persoas con interese de xestionar os residuos orgánicos mediante a compostaxe caseira e comunitaria e tamén, de aprender a reproducir e cultivar as súas propias plantas aromáticas, medicinais e culinarias. Non é necesario ter coñecementos previos. A partires de 18 anos.

Qué precisas: roupa para mancharse e luvas.

Facilitadores: María R. Lafuente, de Asociación ADEGA (Asociación para a Defensa *Ecolóxica de Galiza) e Rubén Escuredo, permacultor e técnico hortifrutícola.

  • Datas: 20 de Maio
  • Horario: de 11 a 14 horas
  • Actividade: en grupo, gratuita
  • Participantes: 12
  • Lugar: zona verde (ver mapa).
  • Claves: crear, compartir, natureza, reflexión

  • En caso de choiva, instalaranse unhos toldos para a realización da actividade.

Outras actividades: