Movemento creativo

Descrición da actividade:

Baila, móvete e conecta co teu corpo e a contorna que che rodea: déixate levar! A través do teu corpo, como guía e conexión coa túa respiración, exploraremos a nosa relación co medio. O movemento e o ritmo serán as ferramentas para atravesar diferentes fases de desbloqueo e consciencia corporal. Conectaremos mente, corpo e emoción para conseguir un maior benestar, conectándonos de maneira profunda co mundo que nos rodea.

Dirixido a: toda persoa que queira desenvolver as súas capacidades creativas a través do corpo e o movemento. Non son necesarios coñecementos previos.

Qué precisas: roupa e calzado cómodos.

Facilitadores: Iria Fernández do centro Dhara de psicoloxía humanista,terapeuta gestalt e corporal.

Máis info: https://es-la.facebook.com/Centro-de-Psicoterapia-Dhara-291134994413744/

  • Datas:20 e 21 de Maio
  • Horario:de 16 a 18 horas.
  • Actividade:en grupo, gratuita
  • Participantes:15
  • Lugar:zona verde (ver mapa)
  • Claves:crear, compartir, natureza, sentidos

  • En caso de choiva, a actividade trasladarase ao centro cívico

Outras actividades: