Arboteca

Descrición da actividade:

Por que non liberamos os libros e levámolos a outros espazos, fóra de bibliotecas e librerías, lonxe desas 4 paredes? Por que non compartimos as historias que nos emocionan e intercambiamos libros de forma espontánea? Por que non sacamos os libros á rúa e aos parques?

Axúdanos a construír unhas sinxelas librerías, recicladas e libres, que sirvan como almacén de libros para compartir, a disposición de todos. Estas arbotecas, bibliotecas públicas e ao aire libre, integraranse no parque para fomentar o intercambio de libros e a lectura nun medio natural como é o parque.

Dirixido a: lectores empedernidos con inquedanza en construír sinxelas estruturas. A partir de 16 anos.

Qué precisas: Se queres, trae un libro (ou máis!) para compartir na nosa arboteca.

Facilitadores: Iulian Paraschiv. Escultor,make-up artist,construtor de soños.

  • Datas:21 de Maio
  • Horario:de 11 a 14 horas
  • Actividade:en grupo, gratuita
  • Participantes:12
  • Lugar:zona de mesas cubertas (ver mapa)
  • Claves:arte, reciclar, compartir, natureza, sentidos

Outras actividades: