Cúpulas xeodésicas

Descrición da actividade:

Son o cemento, o ladrillo, o pvc... os únicos materiais de construción? Todo o que construímos debe ser permanente, definitivo e estático? Atréveste a construír unha estrutura xeodésica coas túas mans?

Crearemos unha serie de figuras xeométricas tridimensionais, e así aprenderemos os principios básicos das estruturas trianguladas: varios dos poliedros básicos, continuando con cúpulas e bóvedas xeodésicas. Iremos máis aló e construiremos as nosas propias estruturas baseándonos en todo o aprendido.

Buscamos potenciar a creatividade a través da construción, á vez que reflexionamos sobre ela. Estas construcións efémeras canalizan novas ideas sobre a utilización do espazo público e a participación social, conectando cidade e natureza. Unha forma diferente de adaptarse ás necesidades da contorna, construídas con materiais innovadores e reciclables, de baixo custo, de forma colectiva e coa posibilidade de construírse en case calquera lugar, podendo desmontarse, en caso de ser necesario.

Dirixido a: A partir de 10 anos (mesmo 8 anos).

Qué precisas: trae as túas luvas de traballo e ganas de construír.

Facilitadores: Víctor González, arquitecto, membro de ESPIGA, Asoc. Galega para a Bioconstrucción.

Máis info: http://espigabioconstrucion.org

  • Datas:21 de Maio
  • Horario:de 16 a 19 horas
  • Lugar:zona verde (ver mapa)
  • Actividade:en grupo, gratuita
  • Participantes:15
  • Claves:arte, imaxinación, crear, compartir, natureza, reflexión

  • En caso de choiva, instalaranse unhos toldos para a realización da actividade.

Outras actividades: