Flora e fauna no parque

Descrición da actividade:

Queres coñecer a riqueza natural de Santa Margarita? Flora e fauna agardan ser descubertas por aqueles visitantes que abran os seus ollos á natureza. Coñécea e gózaa dunha forma activa e dinámica, só ou en familia, a través dunha ruta interpretativa guiada por este emblemático espazo verde da Coruña.

E se tes prismáticos e cámara de fotos, tráeos! A sorpresa pode estar en calquera rama, sebe ou pedra.

Dirixido a: todas aquelas persoas amantes da natureza. Sen límite de idade.

Qué precisas: se o desexas, podes traer os teus prismáticos.

Facilitadores: Grupo Naturalista HABITAT.

Máis info: http://gnhabitat.org

  • Datas:27 de Maio
  • Horario:de 11 a 13 horas
  • Lugar:todo o parque de Sta. Margarita. (ver mapa)
  • Actividade:en grupo, gratuita
  • Participantes:30
  • Claves:imaxinación, compartir, natureza, sentidos, reflexión

  • En caso de choiva, a actividade trasladarase ao centro cívico.

Outras actividades: