Títerecicle

Descrición da actividade:

Calcetíns que se converten en monigotes parlanchíns, botes de iogur con forma de paxaro, tapóns que se transforman en serpes de cores... e se lle damos unha segunda oportunidade a todo eses botes? E se miramos con outros ollos o lixo e transformámolo en arte e xogo?

Desenvolveremos a imaxinación e a creatividade de pequenos e maiores realizando monicreques a partir de material de desfeito, para rematar recreando unha pequena obra entre todos.

Dirixido a: pequenos e grandes, a partir de 5 anos.

Qué precisas:
se o desexas, podes traer material para reciclar, dende cartóns, cordas, latas, ... ou todo aquilo que se che ocorra.

Facilitadores: colectivo Loairas

  • Datas:28 de Maio
  • Horario:de 11 a 14 horas
  • Lugar:zona mesas cubertas (ver mapa)
  • Actividade:en grupo, gratuita
  • Participantes:12
  • Claves:natureza, sentidos, crear, arte, reciclar

  • En caso de choiva, a actividade trasladarase ao centro cívico.

Outras actividades: