Música reciclada

Descrición da actividade:

Por que creamos música só con instrumentos? Hai música escondida nos obxectos máis inesperados: bótalle imaxinación e crea o teu instrumento personalizado.

Con elementos naturais e de desfeito, fabricaremos instrumentos musicais sorprendentes. Colectivamente, formaremos unha reciclorquesta, ofrecendo un pequeno concerto cos instrumentos creados no obradoiro.

Dirixido a: pequenos e grandes, a partir de 5 anos.

Qué precisas: se o desexas, podes traer material para reciclar, dende cartóns, cordas, latas, ou todo aquilo que se che ocorra.

Facilitadores: colectivo Loairas.

  • Datas:28 de Maio
  • Horario:de 16 a 18 horas.
  • Lugar:zona mesas cubertas (ver mapa)
  • Actividade:en grupo, gratuita
  • Participantes:12
  • Claves:arte, crear, natureza, reciclar

  • En caso de choiva, a actividade trasladarase ao centro cívico.

Outras actividades: