Mercadiño de produtos locais e artesanais

Descrición da actividade:

Mercadiño de artesáns e artistas locais que encherán o parque de arte, produtores da zona con ricas verduras e froitas, deliciosos petiscos e mesas informativas de ONGs para dar a coñecer os seus proxectos e iniciativas.

Unha forma diferente de gozar o domingo no parque, paseando entre os postos, coñecendo, degustando e descubrindo iniciativas locais diferentes e diversas.

Actividade integrada na xornada de Contraconsumo (Romaría Verde)

  • Datas:4 de Xuño
  • Horario:de 11 a 18 horas
  • Lugar:rúa principal do parque (ver mapa)
  • Claves:reciclar, compartir, arte

Outras actividades: