Mercadiño de segunda man

Descrición da actividade:

Contra a cultura do consumismo, de comprar, usar e tirar, darlle unha segunda oportunidade aos obxectos é revolucionario. É preciso cambialo por un consumo consciente, apostando por obxectos cunha vida útil longa, arranxar antes que tirar, reutilizar, intercambiar antes de tirar.

Por iso convidamos a veciñas e veciños, pequenos e maiores a saír á rúa do parque con aqueles obxectos que non queiran, para intercambialos ou regalalos.

Actividade integrada na xornada de Contraconsumo (Romaría Verde)

  • Datas:4 de Xuño
  • Horario:de 11 a 14 horas
  • Lugar:mesa cuberta (ver mapa)
  • Claves:sentidos, conectar, compartir, arte, reflexión

Outras actividades: