Caza de imaxes e sons

Descrición da actividade:

Detente. Pecha os ollos. Escoita. Sintelo?
Párate. Abre os ollos. Mira. Que ves?

Descobre un paseo de sensacións polo parque, en silencio, e grava aquilo que che chame a atención: captura co teu móbil, sons ou imaxes, pequenos vídeos...o que queiras. Risos, silencio, o trinar de paxaros, o cruxir de follas. unha forma colaborativa de crear un mosaico de sensacións.

Envía o teu material ao correo do Colectivo Loairas ou súbeo ás redes sociais cos hashtags #cazadesonseimaxes #amargaritaverde #culturadebarrio Desta maneira poñeremos de manifesto a arte e o latexar da natureza que nos pasa desapercibida no día a día e combatiremos esta desconexión.

Dirixido a: pequenos e grandes, a partir de 5 anos.
Qué precisas: un móbil ou unha cámara.

Facilitadores: colectivo Loairas.

  • Datas:durante todo o festival
  • Horario:calquera hora é un bo momento
  • Lugar:todo o parque (ver mapa)
  • Actividade:individual, en grupo, gratuita
  • Participantes:sen límite
  • Claves:arte, imaxinación, crear, compartir, natureza, sentidos, conexión

Outras actividades: