Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta web, en cumprimento do Real Decreto-ley 13/2012. Se continúa a navegar consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Máis información

Vive a vida sustentable

Arte, música e actividades divertidas para disfrutar do teu barrio dunha forma diferente. Descóbreas.

Novas sensacións

Un eido habitual pero descoñecido. Ven a redescubrilo.

Festival de Arte e Desenvolvemento Cultural Sustentable "Amargarida Verde"

Sábados e Domingos, do 13 de Maio ao 4 de Xuño

Festival encadrado no plan de acción “Cultura de Barrio” destinado á difusión de valores socioculturais e dinamización cultural dos espazos públicos da cidade.
#culturadebarrio

Un dos instrumentos máis importantes para garantir unha cidadanía crítica e implicada na súa contorna son as asociacións e colectivos culturais. Desde a área de Cultura do Concello da Coruña apoian a realización do noso festival que busca potenciar o desenvolvemento de actividades culturais na cidade, en concreto, no parque de Santa Margarita, un dos seus principais espazos verdes.

O noso obxectivo é a revalorización e reconexión cos espazos públicos utilizando a creatividade e a arte como fío condutor. A través de intervencións artísticas e obradoiros colaborativos buscamos recuperar os espazos públicos como puntos de encontro, onde compartir e xerar coñecemento e habilidades a través da aprendizaxe colectiva. Desta maneira creamos espazos de lecer alternativos de arte e cultura, tecendo lazos comunitarios nos barrios, e logrando unha transición do individual ao colectivo e do consumo á creación, cooperación e sustentabilidade.

Co festival “AMARGARIDA VERDE” queremos avivar a contorna do parque de Santa Margarita con propostas artísticas e culturais, levándoas á rúa e outorgando aos espazos naturais un novo valor recreativo e formativo diferente.

Descargar calendario
Chrome

Promovemos valores

Desenvolvemento sustentable, permacultura, ecofeminismo, rehumanizacion de espazos publicos ,cultura de paz, cooperacion e decrecemento son as sementes de todos os nosos proxectos.

Desenvolvemento sustentable

A sustentabilidade como eixo na relación entre as persoas a nivel individual e colectivo con respecto a toda clase de vida.

Cultura de paz

Fomentamos o diálogo e os dereitos humanos, combatendo a intolerancia e deconstruíndo todos os patróns violentos que socialmente nos foron inculcados.

Rehumanización de espazos públicos

Para loitar contra a individualidade da nosa sociedade actual e fomentar un tecido social máis humano, comunitario e creativo.

Alternativas humanas fronte a desenvolvemento inhumano

Un fin que perseguimos traballando a través da teoría do decrecemento.

Permacultura

Como base aplicamos a permacultura para facer da vida unha flor que entre todes aprendemos a regar e coidar.

Ecofeminismo

Aplicamos a perspectiva de xénero transversal que equipara as opresións do sistema neoliberal co sistema patriarcal e loita contra eles para protexer a vida que controlan e destrúen.

Multiculturalidade e diversidade

Porque a vida é diversa, e sendo esa a súa riqueza, fomentamos o coñecemento, respecto e valorización das diferentes culturas e persoas.

Cooperación fronte a competición

Fomento e creación de novas formas de organización humana e social, no que a cooperación, a comunicación, a empatía e a asertividade promovan máis tecido colectivo.

 

Promoción da cultura e a capacidade creativa da sociedade

Unha oferta de actividades relativas á educación ambiental, reciclaxe, sustentabilidade...

Zonas de actividade
Valores en práctica
Obradoiros e actividades
Horas de preparación

Diversión para tod@s

Maiores e pequenos, sin importa-la túa idade, xénero ou condición social. Só ven, participa e disfruta.

Promovemos valores

As túas fillas e fillos divertiranse aprendendo cousas que en verdade importan.

Descobre novos usos

No cotiá se agochan ideas e visos descoñecidos que te sorprenderán.

Vive a natureza

Sumérxete nas bondades dos espazos verdes que te rodean.

Mira con outros ollos

Párate a mirar. Redescobre. Escoita. Nos detalles está a maxia.

Non existen límites

Disfruta das nosas novas actividades, combínaas. Atrévete a experimentar.

Exprésate ao grande

Deixa a túa pegada participando nos obradoiros artísticos e colaborativos. Aporta a túa visión.

Móvete ao teu aire

Conecta có teu corpo, atrévete a bailar, a escoitarte, a ir máis aló.

Prepárate para o cambio

Pequenas experiencias que marcan a grande diferenza.

As nosas actividades

Estas son só algunhas. ¿Queres coñecelas todas?
Customer Testimonails

Moita xente pequena, en lugares pequenos,
facendo cousas pequenas pode cambia-lo mundo.

Galeano
Customer Testimonails

O mundo non é máis que un lenzo para a imaxinación.

Thoreau
Customer Testimonails

Nin a terra nin as mulleres somos territorio de conquista.

Anónimo
Customer Testimonails

O verdadeiro heroismo está en transformar os desexos en realidades,
e as ideas en feitos.

Castelao
Customer Testimonails

Son a muller que pensa. Algún día os meus ollos acenderán vagalumes.

Gioconda Belli