Proxectos

O noso traballo, pasado, actual e futuro

EXPO INTERACTIVA TRAMPAS PARA MULLERES PAXARO

Mércores, 08 de Marzal de 2017. Perruquería La Tribu. A Coruña

Exposición cunha mirada de arte ecofeminista que busca dar visibilidade ás diferentes situacións de violencias que afrontan as mulleres no mundo, facendo un símil co que o sistema económico actual fai coa natureza.

A través dunha inmersión sensitiva e visual pola serie de composicións fotográficas “Trampas para mulleres paxaro” de Berta Nalúa e unha performance de danza contemporánea a cargo de Carolina Fernández, damos voz e corpo ás almas das mulleres esquencidas e silenciadas na terra.

Desenvolvemos dinámicas cocreativas para concienciar e implicar á xente asistente a prol dos dereitos humanos das mulleres.

FESTIVAL DE CULTURA E ARTE SUSTENTABLE AMARGARIDA VERDE

Maio-Xuño 2017. Parque de Santa Margarita. A Coruña

Festival de arte e desenvolvemento sustentable que leva a cabo nun dos grandes espazos verdes da cidade da Coruña, o parque de Santa Margarita, e celébrase ao longo de varios fins de semana de maio e xuño de 2017.

A través de intervencións artísticas e diferentes obradoiros colaborativos fomentamos os tecidos humanos e sociais, concienciamos e reconectamos o barrio e a súa xente, integrando o medio natural como lugar para vivir, unha casa de todas e todos para gozar e coidar.

Á vez promovemos a transición cara a un modo de vida máis sustentable, mostrando e tecendo camiños para logralo.