Os nosos valores

As cousas que nos motivan e queremos transmitir

Desenvolvemento sustentable

A sustentabilidade como eixo na relación entre as persoas a nivel individual e colectivo con respecto a toda clase de vida.

Cultura de paz

Fomentamos o diálogo e os dereitos humanos, combatendo a intolerancia e deconstruíndo todos os patróns violentos que socialmente nos foron inculcados.

Rehumanización de espazos públicos

Para loitar contra a individualidade da nosa sociedade actual e fomentar un tecido social máis humano, comunitario e creativo.

Alternativas humanas fronte a desenvolvemento inhumano

Un fin que perseguimos traballando a través da teoría do decrecemento.

Permacultura

Como base aplicamos a permacultura para facer da vida unha flor que entre todes aprendemos a regar e coidar.

Ecofeminismo

Aplicamos a perspectiva de xénero transversal que equipara as opresións do sistema neoliberal co sistema patriarcal e loita contra eles para protexer a vida que controlan e destrúen.

Multiculturalidade e diversidade

Porque a vida é diversa, e sendo esa a súa riqueza, fomentamos o coñecemento, respecto e valorización das diferentes culturas e persoas.

Cooperación fronte a competición

Fomento e creación de novas formas de organización humana e social, no que a cooperación, a comunicación, a empatía e a asertividade promovan máis tecido colectivo.

Diversión para tod@s

Non importa a túa idade, xénero ou condición social. Só ven e divírtete.

Promovemos valores

Os teus fillos divertiranse aprendendo cousas que importan de verdade.

Descobre novos usos

No cotiá se agochan ideas e visos descoñecidos que te sorprenderán.

Vive a natureza

Sumérxete nas bondades dos espazos verdes que tes ao redor.

Mira con outros ollos

Párate a mirar. Redescubre. Escoita. Nos detalles está a maxia.

Non existen límites

Comprobarás que as nosas actividades poden combinarse. Atrévete a experimentar.

Exprésate ao grande

Deixa a túa pegada participando nas nosas pinturas murais.

Móvete ao teu aire

Se che gusta bailar, ao teu xeito, a danza creativa ate apaixoar.

Prepárate para o cambio

As experiencias que vivirás farante cambiar. Sempre a mellor.

As nosas prioridades.

Estos son alguns dos conceptos que tinguen as nosas actividades.

O noso principal fundamento é traballar para acadar un desenvolvemento máis integrador, sustentable e xusto para todas e todos en relación coas persoas, o medio ambiente e o local, tendo en conta a pegada que xeramos no mundo que nos rodea.
Empregamos un viso integrador e inclusivo a través da Arte e a Ensinanza, promovendo unha sociedade máis humana, cooperativa, equitativa, sustentable e conscente.

O noso obxectivo é a recuperación dos espazos públicos como puntos de encontro, lugares donde compartir e xerar coñecementos a través da aprendizaxe colectiva. A través de actividades e intervencións artísticas, queremos suscitar xuntanzas de ocio alternativo de arte y cultura, para combatir a individualidade e o hiperconsumo da nosa sociedade actual. E deste xeito, que as persoas que habitan os barrios e espazos verdes se apropien deles, coidándoos e vivíndoos, creando lazos comunitarios e tecendo ambientes máis humanos.